Saturday 18 de May de 2024

O Boudsport copa o podio do Campionato Provincial de Combate en Idade Escolar


O Club de Taekwondo Boudsport disputou esta fin de semana na localidade de Arteixo o Campionato Provincial de Combate en Idade Escolar (Xogade). Ata alí desprazáronse un total de 14 deportistas, dos cales 13 deles e delas subiron ao podio e aseguraron a súa praza na final do autonómico o próximo sábado en Outes.

Ouro
Claudia Diéguez Veiras
Eliana Suárez Mosquera
Abril Viqueira Pose
Mateo Boudjenane Liñares
Daniel Botana Beis
Alejandro Rey Franqueira
Pablo Figueira Marzo

Prata
Christian Loureiro López
Javier Varela Rivas
Alba Couselo Bancoy

Bronce
Alba Rey Franqueira
Marcos Liñares Caamaño
Olaya Blanco Sánchez

Na clasificación xeral por equipos hai que destacar a 3 clasificados na xeral masculina e outras 3 na feminina.

Por outra banda, este mes de maio o equipo participou tamén no Professional Open Taekwondo Zamora, onde Carla Diéguez e Manuel Castro foron convocados pola selección galega cadete como preparación do Campionato de España Cadete que terá lugar a finais de mes.
Neste caso o palmarés foi o seguinte:

Ouro
Sara Gacio Cendal (club)
Uxía Castro Rodríguez (club)

Prata
Carla Diéguez Veiras (selección)
Daniel Botana Beis (club)
Álex Rey Franqueira (club)
Abril Viqueira Pose (club)

Bronces
Manuel Castro Rodríguez (selección)
Mateo Boudjenane Liñares (club)
Alba Rey Franqueira (club)